• Find us on Facebook
  • Twitter
  • Help & Support
  • Search
  • [ai1ec_interactive_frontend]

History of Galician GAA in 3 Languages

The history of Galician GAA is a fascinating one. From no Gaelic Games at all in 2010 to having live international matches broadcast on live TV in 2017. Below you will find a short but intense history of the GAA in Galicia written by Wences García Zapata. You’ll see it first in Galician and followed by Spanish & English.

Galician:

2010. Ata ese ano, xamais se xogara ao fútbol gaélico en Galicia. Porén, na Coruña xurdeu unha iniciativa para crear un club que callou contra ao outono de 2010 e que supuxo que A Coruña Fillos de Breogán se estrease no Campionato Ibérico en febreiro de 2011. Ese foi o xermolo do crecemento exponencial deste deporte en Galicia. Seis anos despois, son nove equipos femininos e trece masculinos os que compiten cada semana na Liga Galega xogando partidos de 60 minutos. Como se chegou a iso en tan pouco tempo? Con moito traballo, ilusión, co amor que esperta Irlanda entre o pobo galego e, un factor clave, dispor dunha Selección Galega que compite internacionalmente.

Os comezos non foron doados, nunca o son. Cunha iniciativa persoal, botou a andar o proxecto dos Fillos de Breogán. Nuns meses, mediante carteis e anuncios en redes sociais, foi atraendo a un número considerable de entusiastas que deron posto en marcha o club. O fútbol gaélico é un deporte eminentemente irlandés, pouco difundido entre os non nativos da Illa Esmeralda. E, para experimentar unha disciplina nova, con regras descoñecidas e destrezas pouco familiares para os non irlandeses, sería óptimo contar con xogadores con experiencia previa. A mágoa é que en Galicia residen moi poucos irlandeses e os novos amantes dos xogos gaélicos comezaron a adestrar mirando vídeos de internet e botándolle imaxinación. Este modus operandi repetiríano os novos clubes máis adiante, coa diferenza que xa había xente que o fixera antes disposta a axudarlles en arrincar.

No Campionato Ibérico, todos os clubes agás o desaparecido Naomh Fermin Iruña-Pamplona, estaban formados maioritariamente por irlandeses. É dicir, xente que sabía de que ía o conto. Algo que provocaría unhas diferencias de nivel notables que se reflectirían en marcadores moi avultados en contra dos coruñeses. Malia o demoledor dos resultados, os branquiazuis seguiron a teimar en conformar unha base para o futuro. E a forza de adestrar e competir, o nivel ía subindo pouquiño a pouco.

Nese 2011, quedaba patente algo que marcaría o futuro do fútbol gaélico galego: o formato do Campionato Ibérico non permitiría subsistir. Os Fillos de Breogán tiñan o seu rival máis próximo, Madrid Harps, a 600 quilómetros. Os madrileños foron os outros protagonistas do primeiro encontro de fútbol gaélico en Galicia, xogado en febreiro de 2011. Os outros competidores (Valencia, Pamplona, Barcelona, Sevilla e Marbella) estaban demasiado afastados como para facer viable economicamente o proxecto coruñés. Non quedaba outra: ou o deporte medraba en Galicia ou os Fillos tiñan data de caducidade.

As boas novas non tardaron en chegar e comezaron a xurdir novos proxectos que, na maioría dos casos, acabaron por conformar clubes GAA galegos. Os dous primeiros en unirse á tolemia dos Fillos de Breogán foron os Irmandinhos A Estrada e Mecos Ogrobe. Os coruñeses axudaron nos primeiros adestramentos na Estrada, unha pequena vila que tomou o fútbol gaélico como algo de seu. Esa axuda do club algo máis experimentado sería unha dinámica repetida coa creación dos novos clubes. E, asemade, ían nacendo os equipos femininos. Tamén foron as da Coruña, as Fillas de Breogán, que competían oficialmente por vez primeira no Ibérico de 2012. Como non podía ser doutro xeito, as Irmandinhas e as Mecas non tardarían en nacer.

Grovenses, estradenses e coruñeses estableceron en 2012 a Asociación Galega de Fútbol Gaélico. A nova Asociación lanzou un campionato de 7 contra 7 masculino ao pouco de nacer no que competirían cinco equipos (engádense os segundos equipos de dous clubes: Ártabros de Oleiros e Bráithreachas da Estrada). Antes, en xullo de 2012, estreábase a Selección Galega de fútbol gaélico. Foi nun partido amigable contra a Selección Masculina de Bretaña realizado en Narón e organizado por Siareiras Galegas. Nese momento, a Selección estaba composta en exclusiva por xogadores de Fillos de Breogán (o único club existente daquela en Galicia). O feito de ter unha Selección Galega que competía internacionalmente deulle un atractivo maior ao deporte e animou o nacemento de máis clubes. Galicia pronto contou cunha Selección Feminina.  A presenza dos dous combinados en partidos internacionais daríanlles unha maior repercusión. Amigables en Lorient (Bretaña), os World GAA Games de Abu Dhabi en 2015 (onde os rapaces remataron segundos e as rapazas terceiras) e os de Dublín en 2016 (os homes foron terceiros e as mulleres, quintas) serviron para refrendar o crecemento do nivel do fútbol gaélico galego.

A Liga Galega estrearíase no outono do 2013, con cinco equipos masculinos e tres femininos. Esa tempada sería tamén a do comezo da Copa Galega e da dominación na categoría masculina dun equipo debutante, o Estrela Vermelha, que contaba os seus partidos por vitorias. A competición feminina nos primeiros anos tiña tamén a un conxunto imbatible: as Irmandinhas da Estrada. Cada ano, novos clubes sumábanse á Asociación. Así, na tempada 2016/2017, na categoría masculina, divididos en dúas divisións, compiten trece equipos e na única división feminina son nove os conxuntos que a xogan. Así, aos equipos xa citados, hai que sumar o Pontevedra, Keltoi Vigo, Auriense (Ourense), Dorna (Illa de Arousa), Herdeiros de Dhais (Lalín), Terras do Eume (As Pontes) e Cambados.

Os clubes galegos, co tempo, pasarían a ser aspirantes aos títulos do Campionato Ibérico, gañando varios torneos e coroando a súa mellora coa vitoria das Fillas de Breogán no Ibérico de 2016 (tempada na que tamén gañaron a European Champions League). Con planteis cunha destacadísima maioría de xogadores locais, con partidos de 60 minutos todas as fines de semana, Galicia pasou de non existir no mundo da GAA a ser un espello no que se mirar á hora de atopar as claves para un crecemento exponencial dun deporte novo.

Spanish:

2010. Hasta ese año, jamás se había jugado al fútbol gaélico en Galicia. Sin embargo, en A Coruña surgió una iniciativa para crear un club que cuajó en el otoño de 2010 y que supuso que A Coruña Fillos de Breogán se estrenase en el Campeonato Ibérico en febrero de 2011.  Esa fue la semilla del crecimiento exponencial de este deporte en Galicia. Seis años después, son nueve equipos femeninos y trece masculinos los que compiten cada semana en la Liga Galega jugando partidos de 60 minutos. ¿Cómo se llegó a eso en tan poco tiempo? Con mucho trabajo, ilusión, con el amor que despierta Irlanda entre el pueblo gallego y, un factor clave, disponer de una Selección Galega que compite internacionalmente.

Los comienzos no fueron fáciles, nunca lo son. Con una iniciativa personal, echó a andar el proyecto de Fillos de Breogán. En unos meses, mediante carteles y anuncios en redes sociales, fue atrayendo a un número considerable de entusiastas que consiguieron poner en marcha el club. El fútbol gaélico es un deporte eminentemente irlandés, poco difundido entre los no nativos de la Isla Esmeralda. Y, para experimentar una disciplina nueva, con reglas desconocidas y destrezas poco familiares para los no irlandeses, sería óptimo contar con jugadores con experiencia previa. La pena es que en Galicia residen muy pocos irlandeses y los nuevos amantes de los juegos gaélicos comenzaron a entrenar mirando vídeos de internet y poniéndole imaginación. Este modus operandi lo repetirían los nuevos clubes más adelante, con la diferencia de que ya había gente que lo había hecho antes dispuesta a ayudarles en arrancar.

En el Campeonato Ibérico, todos los clubes, excepto el desaparecido Naomh Fermin Iruña-Pamplona, estaban formados mayoritariamente por irlandeses. Es decir, gente que sabía de qué iba el cuento. Algo que provocaría una diferencias de nivel notables que se reflejarían en marcadores muy abultados en contra de los coruñeses. A pesar de lo demoledor de los resultados, los blanquiazules seguieron perseverando en conformar una base para el futuro. Y a fuerza de entrenar y competir, el nivel iba subiendo poco a poco.

En ese 2011, quedaba patente algo que marcaría el futuro del fútbol gaélico gallego: el formato del Campeonato Ibérico no permitiría subsistir. Los Fillos de Breogán tenían su rival más próximo, Madrid Harps, a 600 kilómetros. Los madrileños fueron los otros protagonistas del primer encuentro de fútbol gaélico en Galicia, jugado en febrero de 2011. Los otros competidores (Valencia, Pamplona, Barcelona, Sevilla y Marbella) estaban demasiado alejados como para hacer viable económicamente el proyecto coruñés. No quedaba otra: o el deporte crecía en Galicia o los Fillos tenían fecha de caducidad.

Las buenas noticias no tardaron en llegar y comenzaron a surgir nuevos proyectos que, en la mayoría de los casos, acabaron por conformar clubes GAA gallegos. Los dos primeros en unirse a la locura de los Fillos de Breogán fueron los Irmandinhos A Estrada y Mecos Ogrobe. Los coruñeses ayudaron en los primeros entrenamientos en A Estrada, una pequeña villa que tomó el fútbol gaélico como algo propio. Esa ayuda del club algo más experimentado sería una dinámica repetida con la creación de los nuevos clubes. Y, al mismo tiempo, iban naciendo los equipos femeninos. También fueron las de A Coruña, las Fillas de Breogán, que competían oficialmente por vez primera en el Ibérico de 2012. Como no podía ser de otra forma, las Irmandinhas y las Mecas no tardarían en nacer

Grovenses, estradenses y coruñeses establecieron en 2012 la Asociación Galega de Fútbol Gaélico. La nueva Asociación lanzó un campeonato de 7 contra 7 masculino al poco de nacer en el que competirían cinco equipos (se unen los segundos equipos de dos clubes: Ártabros de Oleiros y Bráithreachas de A Estrada). Antes, en julio de 2012, se estrenaba la Selección Galega de fútbol gaélico. Fue en un partido amistoso contra la Selección Masculina de Bretaña realizado en Narón y organizado por Siareiras Galegas. En ese momento, la Selección estaba compuesta en exclusiva por jugadores de Fillos de Breogán (el único club existente entonces en Galicia). El hecho de tener una Selección Galega que competía internacionalmente le dio un atractivo mayor al deporte y animó al nacimiento de más clubes. Galica pronto contó con una Selección Femenina. La presencia de los dos combinados en partidos internacionales les darían una mayor repercusión. Amistosos en Lorient (Bretaña), los World GAA Games de Abu Dhabi en 2015 (donde los chicos terminaron segundo y las chicas terceras) y los de Dublín en 2016 (los hombres fueron terceros y las mujeres, quintas) sirvieron para refrendar el crecimiento del nivel del fútbol gaélico gallego.

La Liga Galega nacería en otoño de 2013, con cinco equipos masculinos y tres femeninos. Esa temporada sería también la del comienzo de la Copa Galega y de la dominación en la categoría masculina de un equipo debutante, el Estrela Vermelha, que contaba sus partidos por victorias. La competición femenina en los primeros años tenía también un conjunto imbatible: las Irmandinhas de A Estrada. Cada año, nuevos clubes se sumaban a la Asociación. Así, en la temporada 2016/2017, en la categoría masculina, divididos en dos divisiones, compiten trece equipos y en la única división femenina son nueve los conjuntos que la juegan. Así, a los equipos ya citados, hay que sumar a Pontevedra, Keltoi Vigo, Auriense (Ourense), Dorna (Illa de Arousa), Herdeiros de Dhais (Lalín), Terras do Eume (As Pontes) e Cambados.

Los clubes gallegos, con el tiempo, pasarían a ser aspirantes a los títulos del Campeonato Ibérico, ganando varios torneos y coronando su mejora con la victoria de las Fillas de Breogán en el Ibérico de 2016 (temporada en la que también ganaron la European Champions League). Con plantillas con una destacadísima mayoría de jugadores locales, con partidos de 60 minutos todos los fines de semana, Galicia paso de no existir en el mundo de la GAA a ser un espejo en el que mirarse a la hora de encontrar las claves para un crecimiento exponencial en un deporte nuevo.

English:

2010. Until that year, Gaelic football had never been played before in Galicia. However, in A Coruña an initiative emerged to create a club that took shape in the fall of 2010 and meant that Fillos de A Coruña premiered in the Iberian Championship in February 2011. That was the seed of the exponential growth of this sport in Galicia. Six years later, there are nine Ladies teams and thirteen Mens teams who compete every week in the Galician League playing 60 minute games. How do you get there in such a short time? Much work, enthusiasm, the love that Ireland awakens among the Galician people and, a key factor, having a Galician national team that competes internationally.

The beginnings were not easy, they never are. With a personal initiative, the Fillos de Breogán project was started. In a few months, through posters and announcements on social networks, it was attracting a considerable number of enthusiasts who managed to launch the club. Gaelic football is an eminently Irish sport, not widespread among non-natives of the Emerald Isle.

To experience a new discipline with unfamiliar rules and skills unfamiliar to non-Irish players, it would have been best to have players with previous experience. The problem is that very few Irish reside in Galicia so the new lovers of Gaelic games began to train by watching videos online and using their imaginations. This modus operandi would be repeated by the newer clubs later on, with the difference that there were already people who had done it before ready to help them get started.
In the Iberian Championship all the clubs, except the disappeared Naomh Fermin Iruña-Pamplona, were formed in the majority by Irish.

That is, people who knew what the story was. Something that would cause a notable difference of level that would be reflected in very bulky markers against the Coruñians. In spite of the devastating results, the whites continued to persevere in forming a base for the future. And through training and competition, the level was going up little by little.

In 2011, there was something that would mar the future of Galician Gaelic football: the format of the Iberian Championship would not allow survival for Coruña. The Fillos de Breogán closest rival, Madrid Harps, was 600 kilometres away. The other teams (Valencia, Pamplona, Barcelona, Seville and Marbella) were too far away to make the Coruñian project economically viable. They were the other protagonists of the first meeting of Gaelic football in Galicia, played in February of 2011. There was no other: Either the sport grew in Galicia or the Fillos had an expiration date.

The good news soon arrived and new projects began to emerge, which, in most cases, ended up forming Galician GAA clubs. The first two to join the folly of the Fillos de Breogán were the Irmandinhos A Estrada and Mecos Ogrobe. The Coruñians helped at the first training sessions in A Estrada, a small town that took to Gaelic football like it was one of their own. The help from the somewhat more experienced club would be a repeated dynamic with the creation of new clubs. At the same time, Ladies teams were being born.

The first ladies team was also from A Coruña, the Fillas de Breogán, who competed officially for the first time in the Iberian Championship of 2012. As was to be expected, the Irmandinhas and the Mecas would soon be born.

Players from O grove, A Estrada and A Coruña established the Galician Association of Gaelic Football in 2012. The new Association launched a 7-a-side Mens Championship right from the beginning,  in which five teams would compete (they are joined by the second teams of two clubs: Ártabros de Oleiros and Bráithreachas of A Estrada). Just before this, in July of 2012, the Galician Gaelic Football Team was born. It was in a friendly match against the Mens Team of Brittany held in Narón and organized by Siareiras Galegas. At that moment, the Selection was composed exclusively by players of Fillos de Breogán (at the time the only club in Galicia).

The fact of having a Galician Selection that competed internationally gave a greater attraction to the sport and encouraged the birth of more clubs. Galicia soon had a  Ladies team. The presence of the two combined in international matches would give them a greater impact. A friendly in Lorient (Brittany), the GAA World Games in Abu Dhabi in 2015 (where the boys finished second and the girls third) and the World Games in Dublin in 2016 (the men finished third and the women, fifth) served to endorse the growth of level of Galician Gaelic football.

The Galician League was born in autumn 2013, with five Mens teams and three Ladies teams. That season would also see the beginning of the Copa Galega and the domination of the Mens category by a new team, Estrela Vermelha, which racked up victory after victory. in the early years the Ladies competition also had their own “Invincibles”: the Irmandinhas de A Estrada. Every year, new clubs are joining the Association. As of the 2016/2017 season, the Mens competition is divided into two divisions with thirteen teams competing and the Ladies division has nine clubs. To the teams already mentioned above we have to add Pontevedra, Keltoi Vigo, Auriense (Ourense), Dorna (Illa de Arousa), Heirs of Dhais (Lalín), Terres do Eume (As Pontes) and Cambados.

Galician clubs, over time, would become candidates for the titles of the Iberian Championship, winning several tournaments and crowning their improvement with Fillas de Breogán’s victory in the Iberian of 2016 (the season in which they also won the European Champions League.) With squads with an outstanding majority of local players and 60 minute games every weekend, Galicia have gone from non-existent in the GAA world to being a mirror in which to look at when it comes to finding the keys to exponential growth in a new sport.

 

Posted in Development, Spain